domingo, 11 de abril de 2010

PROXECTO: UNHA OLLADA NA ARTE

Como todo bo proxecto, recollemos información sobre este autor no dossier que a continuación podedes ver.

CREAMOS O NOSO RECUNCHO DA ARTE

Durante estes meses estivemos investigando a fondo sobre a vida, e de xeito especial tratamos varias obras que nos chamaron moito a atención. Con toda esa información, libros, xogos que fomos confeccionando ao longo do proxecto, e moitas imaxes confeccionamos o noso Recuncho da Arte. Adxuntamos varias imaxes, para que poidades facervos unha idea.












sábado, 10 de abril de 2010

COLLAGE

Esta lámina, Mujeres corriendo por la playa, dounos pé a realizar varias actividades moi interesantes, como de expresión corporal, asembleas variadas e como non, unha actividade plástica, cunha segunda parte imaxinativa e creativa. Así, unha vez presentada a lámina na asemblea, e unha vez que xogamos corporalmente con ela pedinlle aos cativos que reubicasen a esas mulleres noutro escenario. Así, por parellas tiveron que construir con rotuladores un novo escenario no cal colocarían, posteriormente as dúas mulleres.






viernes, 19 de marzo de 2010

EXPRESIÓN CORPORAL

O corpo tamén é unha canle e un vehículo de expresión, así que decidimos utilizalo neste proxecto. Para iso eliximos, desta volta, unha lámina de Picasso "Dos Mujeres corriendo por la playa". Fixemos parellas e intentamos representar as posturas e posicións destas dúas mulleres. Que tal o fixemos? Que vos parece? Seméllanse algo?.






viernes, 12 de marzo de 2010

COMEZAMOS A REPRODUCIÓN

Ao longo deste trimestre estivemos coñecendo moitos aspectos da vida e obra de Pablo Picasso, e como non podía ser doutro xeito coñecemos e descubrimos moitas das súas obras. Algunha delas decidimos reproducilas tanto plástica como corporalmente. No tocante á plástica utilizamos distintas técnicas: area de cores, témpera, periódicos, tizas pastel, telas, ...... estas son algunha delas.















jueves, 18 de febrero de 2010

MÁIS SORPRESAS

Despois de gozar coas nosas caroutas e disfraces voltamos á clase con moitas máis ganas e ansias. Hoxe puidemos xogar de novo con Picasso, coa axuda dun Memory. Todos queriamos probar por iso tivemos que facer dous equipos e repartir as fichas. Con este novo xogo estamos a coñecer láminas que non coñeciamos.


miércoles, 3 de febrero de 2010

MOITAS LÁMINAS, MOITAS IDEAS

A profe Pregrina tróuxonos moitas láminas de obras de Picasso, puxémolas na asemblea e fomos comentando todo aquilo que nos chamaba máis a atención de cada unha delas: as súas cores, os personaxes, as formas, o que máis nos gustaba, o que menos......... Foi unha sesión moi divertida e na cal gozamos de novo coa arte. A partires destas láminas cada picariño debería adxudircalle unha letra, para ir creando pouco a pouco o noso ALFABETO PICASSIANO. Partiremos destas láminas para poder descrifrar mensaxes secretas. Pronto vos presentaremos algunhas delas, polo de agora só queda esperar.


Se nalgún momento vulneramos a propiedade intelectual ou os dereitos de autor, por favor, comunicádenolo e quitaremos a entrada canto antes. Moitas grazas.