domingo, 11 de abril de 2010

PROXECTO: UNHA OLLADA NA ARTE

Como todo bo proxecto, recollemos información sobre este autor no dossier que a continuación podedes ver.

CREAMOS O NOSO RECUNCHO DA ARTE

Durante estes meses estivemos investigando a fondo sobre a vida, e de xeito especial tratamos varias obras que nos chamaron moito a atención. Con toda esa información, libros, xogos que fomos confeccionando ao longo do proxecto, e moitas imaxes confeccionamos o noso Recuncho da Arte. Adxuntamos varias imaxes, para que poidades facervos unha idea.












sábado, 10 de abril de 2010

COLLAGE

Esta lámina, Mujeres corriendo por la playa, dounos pé a realizar varias actividades moi interesantes, como de expresión corporal, asembleas variadas e como non, unha actividade plástica, cunha segunda parte imaxinativa e creativa. Así, unha vez presentada a lámina na asemblea, e unha vez que xogamos corporalmente con ela pedinlle aos cativos que reubicasen a esas mulleres noutro escenario. Así, por parellas tiveron que construir con rotuladores un novo escenario no cal colocarían, posteriormente as dúas mulleres.






viernes, 19 de marzo de 2010

EXPRESIÓN CORPORAL

O corpo tamén é unha canle e un vehículo de expresión, así que decidimos utilizalo neste proxecto. Para iso eliximos, desta volta, unha lámina de Picasso "Dos Mujeres corriendo por la playa". Fixemos parellas e intentamos representar as posturas e posicións destas dúas mulleres. Que tal o fixemos? Que vos parece? Seméllanse algo?.






viernes, 12 de marzo de 2010

COMEZAMOS A REPRODUCIÓN

Ao longo deste trimestre estivemos coñecendo moitos aspectos da vida e obra de Pablo Picasso, e como non podía ser doutro xeito coñecemos e descubrimos moitas das súas obras. Algunha delas decidimos reproducilas tanto plástica como corporalmente. No tocante á plástica utilizamos distintas técnicas: area de cores, témpera, periódicos, tizas pastel, telas, ...... estas son algunha delas.















jueves, 18 de febrero de 2010

MÁIS SORPRESAS

Despois de gozar coas nosas caroutas e disfraces voltamos á clase con moitas máis ganas e ansias. Hoxe puidemos xogar de novo con Picasso, coa axuda dun Memory. Todos queriamos probar por iso tivemos que facer dous equipos e repartir as fichas. Con este novo xogo estamos a coñecer láminas que non coñeciamos.


miércoles, 3 de febrero de 2010

MOITAS LÁMINAS, MOITAS IDEAS

A profe Pregrina tróuxonos moitas láminas de obras de Picasso, puxémolas na asemblea e fomos comentando todo aquilo que nos chamaba máis a atención de cada unha delas: as súas cores, os personaxes, as formas, o que máis nos gustaba, o que menos......... Foi unha sesión moi divertida e na cal gozamos de novo coa arte. A partires destas láminas cada picariño debería adxudircalle unha letra, para ir creando pouco a pouco o noso ALFABETO PICASSIANO. Partiremos destas láminas para poder descrifrar mensaxes secretas. Pronto vos presentaremos algunhas delas, polo de agora só queda esperar.


viernes, 29 de enero de 2010

O GUERNICA POLA PAZ

Celebramos o Día Paz e da Non violencia facendo unha reprodución do Guernica, un dos cadros máis coñecidos de Picasso, que relata o acontecido o 26 de abril de 1937 nun pobo vasco chamado Guernica. Aquí os alemáns bomaerdearon esta localidade producindo moitas víctimas inocentes que se reflexan en cada figura deste cadro.
Dende a nosa aula conversamos sobre as guerras, as loitas, as pelexas e tamén sobre a ledicia de vivir en paz. Aquí podedes ver unha mostra da nosa reprodución.

jueves, 14 de enero de 2010

QUEN NOS MANDA AS PISTAS?

Hoxe foi un día de moitos descubrimentos e sorpresas, xa que agora xa sabemos quen é Pablo, pero falta algo importante, saber quen nos manda as pitas. A media mañá a profe Peregrina visitou a nosa clase e confesounos que fóra ela quen nos puxera as pistas polo colexio, para que investigaramos sobre este pintor tan coñecido, e tamén nos comentou algún dato importante da súa biografía, tal como:
- Que nacera en Málaga,
- Que morrera en Francia e estaba enterrado nun castelo
- Que o seu pai daba clases de arte
- Que Picasso comezou a pintar moi neno, só con oito anos
- Que se trasladaran á Coruña e máis tarde á Barcelona
- Que a Picasso lle gustaba moito pintar arlequíns e touros
- Que pintara moitos cadros e agora estaban en moitos museos de Europa e España
- ......



XA SABEMOS QUEN É PABLO

Hoxe voltamos a levar unha gran sorpresa, xa que descubrimos, grazas a Diana, quen era ese Pablo. Pablo era un pintor, dixo Diana, que mo dixo miña nai. A partires dese momento comezamos a falar dos pintores, e preguntámonos que precisarían os pintores?, que necesitaría Pablo para pintar? que necesitamos para ser pintores? Isto foi todo o que dixeron:

Mario: pinceles
Rosana: pinturas
Iván: colores
Sabela: lápices para escribir el nombre
Inés: témpera
Adán: unha cousa para botar a pintura
David: una cosita para agarrar y echar la pintura con redondos (referíndose a unha paleta)
Óscar: folios
Sofía: cuadros
Marcela: bata
Santi: auga para lavar o pincel
David: una cosa para poner el cuadro (referíndose ao marco dos cuadros)
Santi: coma aquel "chisme" (sinalando o cabalete de pintura da clase)

miércoles, 13 de enero de 2010

Comezamos!


Por fin, puidemos vernos as caras despois destas longas e merecidas vacacións,xa comezamos o segundo trimestre, e que mellor que iniciándonos nunha nova aventura, desta vez da man dun home chamado Pablo. Pola tarde, apareceu pegado no noso encerado unha fotografía, unha nota, que algún dos máis aventureiros xa comezou a ler, e máis un sobre branco.

Así, comezou todo. Algún xa lera as primeiras palabras moi rápido, polo tanto xa sabían o seu nome, pero claro quen é Pablo? de que traballa?, así comezou a nosa primeira asemblea:

Santi: Un astronauta porque ten unha chaqueta inflable

Sabela: un científico, porque los científicos llevan chaqueta

Mario: non, levan bata

Brais: e máis un lacito

Brais: un coidador de animais

Samuel: un astronauta

Mario: do ejército

Inés: uno que exploró un castillo

David: un explorador que fue al bosque

Candela: un vaquero

Mario: non pode, porque non leva a estrella de vaquero aquí (sinalando o seu peito).

David: podría tener la estrella tapada y el sombrero colgado. Y tampoco puede ser del ejército porque tendría manchitas.

Adán: un que traballa nunha gasolinera

Óscar: un astronauta

Samuel: un profesor

Santi: un cazador de lobos

Adrián M. :un dun ejército

Adrián S.: un luchador

Iván: polisia

Diana: pode ser o alcalde

Profe: de onde?

Óscar: de Forcarei

Rosana: no, el de Forcarei es mi papá.

Óscar: é de Pontevedra

Brais: tamén poderá ser que tivera algo detrás da espalda como pa escoitar o corazón

Santi: vos pensades que é médico?

Rosana: mi mamá es médico y no lleva esa bata

Mario: parece que ten unha chaqueta verde

Brais: pode ser que sexa un socorrista, porque ten algo cuadrado aquí (sinala os ombreiros)

Mario: non, porque non leva manga corta

Inés. Podía ser uno que cazaba cosas bonitas

David: puede ser un profesor de yudo, porque los profesores de yudo llevan en la chaqueta

Brais: non, pa eso tiña que estar así (móstrase erguido) e non así (representa a foto corporalmente) e tamén ten unha X negra.

Inés: seguro que arranca flores porque es un granjero

Óscar: pode ser de Protección Civil?

Santi: a min paréceme que non é nada desas cousas


E así damos paso a lectura da nota que nos levará a posteriores pistas e adiviñas relacionadas con varias dependencias do colexio. A continuación, podedes ver algunha das imaxes tomadas durante a pescuda de pistas.


Achégamonos a arte da man de...... Picasso

Este segundo trimestre que está a piques de comezar, sempre que a neve nos deixe, achegarémonos á arte da man dun dos mellores artistas do Século XX: PABLO RUÍZ PICASSO, e sobre todo un dos mellores representantes do Cubismo, movemento artístico de comezos do século XX. Durante este meses profundizaremos na súa vida, averiguando aspectos familiares: quen era súa nai, seu pai, súa irmá..., a data e lugar de nacemento, onde desenvolveu a súa obra, as fases ou etapas polas que foi pasando, pero sobre todo, penetraremos na súa obra e examinaremos as obras máis representativas.



Aquí tendes algo sobre este gran pintor e escultor.




Se nalgún momento vulneramos a propiedade intelectual ou os dereitos de autor, por favor, comunicádenolo e quitaremos a entrada canto antes. Moitas grazas.